Camiño do Bispo

O Camiño do Bispo é unha vella ruta que unía as cidades de Mondoñedo e Ferrol. Foi utilizada antigamente polos peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. Abrangue uns cen quilómetros entre Mondoñedo e Neda, onde se xunta co Camiño Inglés que vén de Ferrol.

A viaxe por este antigo itinerario leva o camiñante polas serras de Mondoñedo, Abadín, Muras, Vilalba e Xermade, onde descende aos suaves vales que a través das Pontes de García Rodríguez, As Somozas e San Sadurniño chegan á vila de Neda.

Datos ruta

Moi difícil