Descubre as nosas orixes
Unha vila medieval no corazón das Fragas do Eume.
Unha vila medieval no corazón das Fragas do Eume.
Aínda que o pasado de As Pontes remóntase á Prehistoria, como así o atestemuñan os numeros xacementos arqueolóxicos que debuxan a paisaxe pontesa, é no século XIV cando a nosa vila toma relevancia a través do nomeamento de quen lle daría nome, o señor feudal García Rodríguez de Valcárcel.
García mandaría construir unha ponte sobre o río Eume, que serviría para controlar o paso de persoas e mercadorías, e establecer un ferreo dominio do denso territorio do Alto Eume.
Máis de 650 anos despois, As Pontes de García Rodríguez, segue a levar con orgullo o nome do seu valedor.