Fervenzas das Painceiras de Bermui
Fervenzas situadas no canón do río Eume, nun espazo de fraga.
Os saltos sitúanse na parroquia de Santiago de Bemui, moi cerca do límite coa parroquia de Ribadeume. Son dos saltos de auga que se encontran no rego das Foxas ou rego de Bermui, que é un curso fluvial que desemboca no río Eume. Este rego fai de deslinde coa parroquia de Ribadeume.
Estas dúas fervenzas localízanse na paraxe das Painceiras, unha zona de fraga ben conservada dentro do canón que forma o Eume en Bermui. No curso do regato hai varios muíños que están en bo estado de conservación. A primeira das fervenzas ten unha caída de 10 metros e a segunda 12 metros. Esta última non ten acceso fácil.
As fervenzas están próximas ao lugar de Cabo da Igrexa. Para chegar hai que coller a estrada que vai á Faeira e San Pedro de Eume (DP-1802) e no Campo de Ribadeume coller o desvío que leva a Bermui ata chegar a Cabo da Igrexa.

Fervenzas de Somede
Fervenzas e muíños nunha contorna natural de fraga en Somede.
Fervenzas das Painceiras de Bermui
Fervenzas situadas no canón do río Eume, nun espazo de fraga.
Área de Lecer do Lago das Pontes
Área de esparcimento nas inmediacións da praia do Lago.
Área de Lecer "Parque do Eume"
Área de lecer a carón do río Eume.
Área de Lecer da Ribeira
Unha área de descanso nunha senda que vai a carón do río Eume.
Área de Lecer do Caneiro
Área nun espazo natural de bosque atlántico de gran beleza.
Campamento de Vilarbó
Unhas instalacións nunha área natural de gran valor ecolóxico.
Praia do Lago de As Pontes
Unha praia nunha contorna natural privilexiada.
Fonte das Buliqueiras
Unha fonte de augas ferruxinosas nunha contorna natural espectacular.
Mirador Monte Caxado
Unha lendaria atalaia pétrea dende a que ollar a beleza da nosa paisaxe