Mirador Monte Caxado
Unha lendaria atalaia pétrea dende a que ollar a beleza da nosa paisaxe
O Monte Caxado é o segundo punto máis alto da provincia da Coruña, cos seus 756 metros de altitude sobre o nivel do mar. É un excepcional emprazamento para observar as fermosas paisaxes coas que conta a nosa bisbarra. Se miramos ao Oeste en días claros, podemos chegar a ver as illas Sisargas.
Como moitos outros espazos da nosa bisbarra, o Caxado ten tamén a súa lenda que fala da existencia dun xugo de ouro que hai soterrado no monte e que algún día as cabras o desoterrarán ao furar cos seus pés.
A característica bola blanca que vemos no alto do Caxado correspóndese cun radar de control de tráfico aéreo español.
Fervenzas de Somede
Fervenzas e muíños nunha contorna natural de fraga en Somede.
Fervenzas das Painceiras de Bermui
Fervenzas situadas no canón do río Eume, nun espazo de fraga.
Área de Lecer do Lago das Pontes
Área de esparcimento nas inmediacións da praia do Lago.
Área de Lecer "Parque do Eume"
Área de lecer a carón do río Eume.
Área de Lecer da Ribeira
Unha área de descanso nunha senda que vai a carón do río Eume.
Área de Lecer do Caneiro
Área nun espazo natural de bosque atlántico de gran beleza.
Campamento de Vilarbó
Unhas instalacións nunha área natural de gran valor ecolóxico.
Praia do Lago de As Pontes
Unha praia nunha contorna natural privilexiada.
Fonte das Buliqueiras
Unha fonte de augas ferruxinosas nunha contorna natural espectacular.
Mirador Monte Caxado
Unha lendaria atalaia pétrea dende a que ollar a beleza da nosa paisaxe