Museo Etnográfico Monte Caxado
O museo que mantén viva a memoria da sociedade pontesa.
Trátase dun museo de referencia da nosa cultura pontesa. As orixes do museo están na desaparición acelerada dun modo de vida que se extinguía engulido co avance da mina de lignito.
Para manter viva esa memoria dos lugares e das xentes e para transmitir ás novas xeracións as tradicións dos seus antepasados naceu un proxecto de museo dentro do colexio público Monte Caxado. Botou a andar no curso 1984 -1985 da man do súa alma máter, o profesor José María López Ferro.
O museo localízase no centro histórico, na Praza da Igrexa. A actual sede foi aberta no ano 2019. Pódese visitar de martes a venres de 18:00 a 19:30 e as fins de semana e os festivos de 11:30 a 13:00.
Existe unha exposición permanente que se distribúe polos dous andares do edificio nos que se poden ver obxectos da vida cotiá e dos oficios que houbo nas Pontes ao longo do tempo. O museo tamén conta con outro tipo de documentos, como fotografía, documentación, audios e vídeos.
O Museo Etnográfico Monte Caxado encóntrase na Praza da Igrexa.

Centro de Interpretación "A Mina"
Unha viaxe dende as orixes da mina de carbón ata a actualidade.
Museo "Casa do Mel"
Un espazo para achegarse á sabedoría do mundo das abellas e do mel.
Centro Expositivo da Maquinaria Mineira das Pontes "CEMAM"
Máquinas e humanos inmortalizados nun espazo que fala da titánica laboura da minería de carbón nas Pontes