Museo

Museo "Casa do Mel"

Un espazo para achegarse á sabedoría do mundo das abellas e do mel.
A Casa do Mel é unha asociación de referencia no mundo da apicultura. Ten a súa sede nun edificio situado en Goente que funciona como centro de divulgación. Os seus fins son a divulgación e sensibilización do mundo das abellas e apoiar tecnicamente aos apicultores.

Na súa sede en Goente ten unha exposición de etnografía apícola e alí fai visitas para todo tipo de públicos para explicar toda a cultura e sabedoría arredor da apicultura. Tamén imparte cursos de formación.

Encóntrase no lugar de Goente a carón de Casa Díaz.