Senda da Memoria
Unha ollada á memoria dos lugares desaparecidos na explotación da mina dentro dunha ruta fermosa pola contorna do Lago das Pontes.
A senda da memoria é un percorrido de 8,3 km no perímetro do Lago das Pontes. Pódese facer camiñando ou en bicicleta; o acceso rodado de vehículos no está permitido. A pé percorrer estes 8,3 km leva 2h 10’.
Os puntos de partida están indicados no Lago. Durante o percorrido hai paneis informativos sobre a historia da xente e dos lugares que existían antes de que a mina de carbón os fixese desaparecer. Na parte de Espiñaredo (oeste do Lago) hai un observatorio de aves ademais dunha boas vistas do Lago das Pontes.
Os paneis interpretativos que hai na senda recollen a memoria das parroquias desaparecidas durante a explotación da mina de carbón. Moitos lugares das parroquias da Vilavella, Espiñaredo, Seoane e San Martiño de Goente desapareceron. A senda da memoria ofrece unha ollada a eses lugares e ás súas xentes. Tamén hai información sobre o ecosistema de gran biodiversidade do Lago das Pontes.
A Senda da Memoria localízase no Lago das Pontes.
Os puntos de partida están indicados no Lago. Durante o percorrido hai paneis informativos sobre a historia da xente e dos lugares que existían antes de que a mina de carbón os fixese desaparecer. Na parte de Espiñaredo (oeste do Lago) hai un observatorio de aves ademais dunha boas vistas do Lago das Pontes.
Os paneis interpretativos que hai na senda recollen a memoria das parroquias desaparecidas durante a explotación da mina de carbón. Moitos lugares das parroquias da Vilavella, Espiñaredo, Seoane e San Martiño de Goente desapareceron. A senda da memoria ofrece unha ollada a eses lugares e ás súas xentes. Tamén hai información sobre o ecosistema de gran biodiversidade do Lago das Pontes.
A Senda da Memoria localízase no Lago das Pontes.
Senda da Memoria
Unha ollada á memoria dos lugares desaparecidos na explotación da mina dentro dunha ruta fermosa pola contorna do Lago das Pontes.
Senda da Calvo Sotelo
Un paseo polos espazos clave da historia da industrialización das Pontes.
PRG-203 "Senda da Ribeira"
Un paseo a carón do río Eume cheo de historia para ver e sentir.
PRG-147 "Fragas da Ribeira e Lostegal"
Fragas máxicas que acompañan ao camiñante no devalar do tempo.