Ponte de Isabel II
A nova ponte de 1862 que cruza o Eume.
Mandada construír pola raíña Isabel II permitía o paso do río Eume na estrada de Castela que procedía de Ferrol. Enmarcábase dentro dun programa de modernización da rede de estradas do reino e neste caso da actualización do antigo camiño real de Castela, desde Ferrol á Ponte de Rábade.
Érguese robusta sobre muros de perpiaño de granito que contan con tres arcos de medio punto e que apoian sobre muros de granito en cada unha das beiras do río. A calzada está rematada nas marxes por peitorís de granito, onde se conserva a placa que rememora a súa construción que foi rematada no ano 1862.

Ponte dos Ferros
A entrada á vila de García Rodríguez a través do río Eume.
Ponte Romana
Unha ponte de postal sobre o río Chamoselo.
Ponte de Isabel II
A nova ponte de 1862 que cruza o Eume.
Ponte da Pedra
A vella ponte que cruzaba o río da Ponte da Pedra e hoxe cruza o río Brixeo.
Ponte de Illade
Unha fermosa ponte do lugar de Illade que agora está nunha área de lecer.