Ponte dos Ferros
A entrada á vila de García Rodríguez a través do río Eume.
Di a tradición que foi mandada construír no século XV por García Rodríguez de Valcarce, señor das Pontes, quen fora neto de Nuno Freire de Andrade. Pola súa feitura construtiva é moi posiblemente anterior a García Rodríguez.
Sitúase sobre o río Eume e dá entrada á vila medieval das Pontes, onde estaba unha das portas da muralla. Está levantada con pedras de cantería e cachote. O arco maior, lixeiramente apuntado, é de estilo gótico, o outro arco é de medio punto pois foi reconstruído tras ser derrubado por unha crecida do río Eume.
Debe o seu nome actual á varanda de ferro forxado construída na ampliación de 1902.
Sitúase sobre o río Eume e dá entrada á vila medieval das Pontes, onde estaba unha das portas da muralla. Está levantada con pedras de cantería e cachote. O arco maior, lixeiramente apuntado, é de estilo gótico, o outro arco é de medio punto pois foi reconstruído tras ser derrubado por unha crecida do río Eume.
Debe o seu nome actual á varanda de ferro forxado construída na ampliación de 1902.
Ponte dos Ferros
A entrada á vila de García Rodríguez a través do río Eume.
Ponte Romana
Unha ponte de postal sobre o río Chamoselo.
Ponte de Isabel II
A nova ponte de 1862 que cruza o Eume.
Ponte da Pedra
A vella ponte que cruzaba o río da Ponte da Pedra e hoxe cruza o río Brixeo.
Ponte de Illade
Unha fermosa ponte do lugar de Illade que agora está nunha área de lecer.