Ponte Romana

Ponte Romana

Unha ponte de postal sobre o río Chamoselo.
A crenza popular outórgalle a esta ponte a honra de ser a primeira ponte das Pontes sinalando a súa orixe en época romana e de aí o seu nome.

A ponte debeu ser construída arredor do século XIV. Curiosamente está dentro da contorna dun xacemento romano vencellado a unha vía de comunicación entre Lucus Augusti e as costas atlánticas. Ten un arco semicircular e un muro sobrio de cachote de pizarra que se elevan sobre o río Chamoselo.

Ata hai poucos anos á beira da ponte romana había uns carballos centenarios, un deles era a morada do mítico Xaquín das Herbas.