Poboado das Veigas
A cidade planificada no corazón das Pontes e que é a xoia do noso patrimonio industrial.
A nova central térmica construída pola Empresa Nacional Calvo Sotelo (ENCASO) vai supoñer a chegada dun importante número de traballadores e das súas familias. ENCASO constrúe un novo poboado, que vai ser edificado en varias etapas entre 1946 e 1962, para acoller 1.500 habitantes.
O poboado é deseño do arquitecto Javier G. Lomas e está dentro do proxecto denominado "Plano General. Poblado y zona de fábrica". Son construídas 230 vivendas nunha área de 27 hectáreas con dotacións para permitir un barrio autosuficiente xa que conta con escolas, clínica, economato, igrexa e instalacións deportivas e de lecer, entre as que destaca o centro social Lar e o campo de fútbol.
O poboado das Veigas é unha pequena cidade no corazón das Pontes e constitúe un xoia do noso patrimonio cultural polo seu valor arquitectónico e histórico, sendo unha das primeiras cidades planificadas de Galicia. Responde ao modelo das construcións industriais e mineiras levadas a cabo durante o século XIX en Reino Unido, Francia e Alemaña.

Centro de Interpretación "A Mina"
Unha viaxe dende as orixes da mina de carbón ata a actualidade.
Centro Expositivo da Maquinaria Mineira das Pontes "CEMAM"
Máquinas e humanos inmortalizados nun espazo que fala da titánica laboura da minería de carbón nas Pontes
Muíño Fábrica da Luz
A primeira central eléctrica que tivo As Pontes de García Rodríguez.
Poboado da Fraga
Un barrio obreiro de inspiración europea.
Poboado da Madalena
Un barrio obreiro de inspiración europea.
Poboado das Veigas
A cidade planificada no corazón das Pontes e que é a xoia do noso patrimonio industrial.
Poboado do Muíño
Un barrio obreiro de inspiración europea.
Poboado do Barreiro
Un barrio obreiro de inspiración europea.
Senda da Calvo Sotelo
Un paseo polos espazos clave da historia da industrialización das Pontes.
Senda da Memoria
Unha ollada á memoria dos lugares desaparecidos na explotación da mina dentro dunha ruta fermosa pola contorna do Lago das Pontes.
Encoro da Ribeira
Foi construída en 1963 no río Eume, orixinalmente para atender as necesidades da central térmica das Pontes.
Encoro do Eume
Unha presa de vangarda. O deseño de Luciano Yordi supuxo un importante avance no desenvolvemento das presas de arco españolas (1955).