Centro Expositivo da Maquinaria Mineira das Pontes "CEMAM"
Máquinas e humanos inmortalizados nun espazo que fala da titánica laboura da minería de carbón nas Pontes
Un espazo, asentado na antiga escola unitaria de Saa, que acolle unha exposición permanente sobre a maquinaria empregada na extracción de carbón nas Pontes e no que, a través de vellas fotografías, maquetas de maquinaria e imaxes audiovisuais, o público visitante poderá coñecer as infraestruturas e equipamentos vencellados á actividade mineira, así como á implantación de novos modos de vida e traballo e a súa pegada no territorio.
O CEMAM acolle unha mostra da colección maquetística de 70 réplicas propiedade de Manuel Barro García, antigo traballador da mina das Pontes, que foi quen de recrear en miniatura moitas das máquinas que pasaron polas súas mans, así como outras anteriores. Unha exposición para viaxar tamén no tempo a través da ollada fotográfica do escritor e xornalista Ramón Loureiro Calvo que na década de 1990 convertía en luz o carbón a través da súa Leica M6 e que inmortalizou as máquinas e os homes que transformaron a paisaxe pontesa.

Centro de Interpretación "A Mina"
Unha viaxe dende as orixes da mina de carbón ata a actualidade.
Centro Expositivo da Maquinaria Mineira das Pontes "CEMAM"
Máquinas e humanos inmortalizados nun espazo que fala da titánica laboura da minería de carbón nas Pontes
Muíño Fábrica da Luz
A primeira central eléctrica que tivo As Pontes de García Rodríguez.
Poboado da Fraga
Un barrio obreiro de inspiración europea.
Poboado da Madalena
Un barrio obreiro de inspiración europea.
Poboado das Veigas
A cidade planificada no corazón das Pontes e que é a xoia do noso patrimonio industrial.
Poboado do Muíño
Un barrio obreiro de inspiración europea.
Poboado do Barreiro
Un barrio obreiro de inspiración europea.
Senda da Calvo Sotelo
Un paseo polos espazos clave da historia da industrialización das Pontes.
Senda da Memoria
Unha ollada á memoria dos lugares desaparecidos na explotación da mina dentro dunha ruta fermosa pola contorna do Lago das Pontes.
Encoro da Ribeira
Foi construída en 1963 no río Eume, orixinalmente para atender as necesidades da central térmica das Pontes.
Encoro do Eume
Unha presa de vangarda. O deseño de Luciano Yordi supuxo un importante avance no desenvolvemento das presas de arco españolas (1955).