Senda da Calvo Sotelo
Un paseo polos espazos clave da historia da industrialización das Pontes.
Esta senda é un paseo pola historia industrial da Vila na que se habilitaron espazos nos terreos de Endesa. A ruta parte da vila e vai percorrendo unha ruta do pasado industrial. Hai paneis informativos na Senda nos que se fala dos aspectos máis relevantes, como a chegada da fábrica de Enfersa ou a primeira térmica da empresa nacional Calvo Sotelo.
A senda ten unha lonxitude de 1,6 km e hai distribuídos seis paneis que explican a industrialización desde inicios do século XX na beira do río Eume.
O inicio desde o centro da vila faise desde a ruta sinalada situada a carón da ponte de Perfolla.

Centro de Interpretación "A Mina"
Unha viaxe dende as orixes da mina de carbón ata a actualidade.
Centro Expositivo da Maquinaria Mineira das Pontes "CEMAM"
Máquinas e humanos inmortalizados nun espazo que fala da titánica laboura da minería de carbón nas Pontes
Muíño Fábrica da Luz
A primeira central eléctrica que tivo As Pontes de García Rodríguez.
Poboado da Fraga
Un barrio obreiro de inspiración europea.
Poboado da Madalena
Un barrio obreiro de inspiración europea.
Poboado das Veigas
A cidade planificada no corazón das Pontes e que é a xoia do noso patrimonio industrial.
Poboado do Muíño
Un barrio obreiro de inspiración europea.
Poboado do Barreiro
Un barrio obreiro de inspiración europea.
Senda da Calvo Sotelo
Un paseo polos espazos clave da historia da industrialización das Pontes.
Senda da Memoria
Unha ollada á memoria dos lugares desaparecidos na explotación da mina dentro dunha ruta fermosa pola contorna do Lago das Pontes.
Encoro da Ribeira
Foi construída en 1963 no río Eume, orixinalmente para atender as necesidades da central térmica das Pontes.
Encoro do Eume
Unha presa de vangarda. O deseño de Luciano Yordi supuxo un importante avance no desenvolvemento das presas de arco españolas (1955).