Edificio de Usos Múltiples

Edificio de Usos Múltiples "Hexágono"

Un espazo dedicado ao tecido asociativo das Pontes.
Este edificio é de uso veciñal. Está vencellado ao tecido asociativo pois o Concello das Pontes puxo as instalacións ao servizo das asociacións culturais, deportivas e doutra índole, algunha das cales ten alí a súa sede. Tamén é local de ensaio para a música.

Ten unha forma poligonal moi característica e de aí o seu nome de Hexágono. Está nun espazo municipal no que tamén se sitúa o Muíño de Prieto e o Multiusos José Ferro.

Accedese desde a Rúa Seis.