Estación de Autobuses
A estación de autobuses das Pontes de García Rodríguez.
A Estación de autobuses das Pontes está localizada na rúa 8 de marzo. Componse dunha marquesiña cuberta de grandes dimensións e unha dársena para os autobuses.
Esta marquesiña está situada diante do antigo edificio da estación de autobuses, que é un edificio que foi construído a principio da década dos noventa. A instalación foi reformada en 2011 para albergar un edificio de servizos múltiples (o Centro Administrativo Pontés), no que se instalou o Arquivo Municipal, a Policía Local e Protección Civil). A raíz desta reforma é cando se constrúe a marquesiña para dar servizo aos viaxeiros.
A estación de autobuses localízase na rúa 8 de marzo.

Área de Servizo para Autocaravanas
Área para caravanas no centro das Pontes de García Rodríguez.
Auditorio Cine Alovi
Teatro, cine e cultura nun fermoso edificio que albergou o cine deseñado polo arquitecto Nemesio López Rodríguez.
Biblioteca Municipal
Este edificio acolle a blblioteca pública municipal.
Conservatorio de Música Municipal
O Conservatorio Municipal encóntrase na antiga Escola de Endesa.
Edificio de Usos Múltiples "Hexágono"
Un espazo dedicado ao tecido asociativo das Pontes.
Estación de Autobuses
A estación de autobuses das Pontes de García Rodríguez.
Mercado Municipal
Este edificio acolle o mercado municipal.
Multiusos "Casa Dopeso"
A casa Dopeso é un dos centros culturais máis relevantes do concello das Pontes.
Multiusos José Ferro
Local de usos múltiples ao servizo da veciñanza pontesa.
Parada de Taxis
A parada de taxis das Pontes.
Casa do Concello
A administración pública ao servizo da cidadanía
Policía Local
Velando pola nosa seguridade os 365 días do ano