Casco Histórico da Vila
O barrio histórico ten a súa orixe nunha vila medieval que naceu aos pés do Eume. As súas rúas foron transitadas por viaxeiros e peregrinos e agochan tesouro...
A vila das Pontes localízase nun porto, paso natural, do río Eume. Neste porto atopáronse os vestixios dun asentamento romano que posiblemente tivo a súa orixe nunha vía que comunicaba Lucus Augusti coas costas atlántica e cantábrica.
Hai unha referencia a Pontes de Eume nun documento de 1063, e durante o século XIII as referencias ás Pontes de Eume son constantes e aparecen as primeiras referencias ao Concello das Pontes, polo que no século XIII xa existe unha vila co seu couto (o seu territorio xurisdicional).
A carta de fundación da Vila non se conserva. Sabemos que estaba dentro do gran territorio feudal do norte do Reino de Galicia que se denominou Condado de Trastámara. Coa caída da Casa de Traba este condado pasa a mans da coroa e o rei ten o privilexio de nomear os condes de Trastámara.
Será precisamente o rei Henrique II quen lle conceda ao señor García Rodríguez de Valcarce a vila das Pontes e do territorio da súa xurisdiccón en setembro de 1371. Foi en pago por combater e manterse fiel ao seu lado. Este doazón vai ser referendada en 1372 polo Conde de Trastámara Pedro Enríquez.
As fontes escritas citan a existencia dun castelo e dunha cerca que rodeaba a vila. Do castelo o único que queda son as referencias escritas que son moi vagas; suponse que era unha torre de pedra dentro dos muros da vila.
Da cerca queda a forma que a súa marca deixou na forma urbana da vila. A forma que ten a trama urbana da parte vella deixa un debuxo ovalado.
Da orixe medieval da vila podemos ver a Ponte dos Ferros, o trazado das tres rúas da vila (coa Rúa Real que iría de porta a porta da muralla) e seguramente o vello edificio da rúa de San Xoán que probablemente acolleu o hospital de pobres e peregrinos.

Ponte Romana
Unha ponte de postal sobre o río Chamoselo.
Ponte dos Ferros
A entrada á vila de García Rodríguez a través do río Eume.
Mural "Artistas que tornean soños coas voltas do tempo"
Esta peza pictórica rende homenaxe aos torneiros, oficio de longa tradición histórica nas Pontes e que continúa vizoso na actualidade.
Muíño de Severiano
O muíño da Vila.
Casco Histórico da Vila
O barrio histórico ten a súa orixe nunha vila medieval que naceu aos pés do Eume. As súas rúas foron transitadas por viaxeiros e peregrinos e agochan tesouro...
Museo Etnográfico Monte Caxado
O museo que mantén viva a memoria da sociedade pontesa.
Praza da Igrexa
Esta praza é o centro do conxunto histórico da Vila.
Igrexa de Santa María das Pontes
A fermosa torre do campanario que se eleva sobre a vila histórica das Pontes.
Fonte Nova ou de Isabel II
A fonte da Vila.
Ponte de Isabel II
A nova ponte de 1862 que cruza o Eume.
Muíño de Alende
Un fermoso muíño con historia no centro da vila.
Mural "Dous pobos, unha mesma nai: Galiza - Breizh "
Este mosaico alude ás conexións afectivas e culturais entre os pobos galego e bretón.
Praza do Hospital
É unha das prazas máis antigas da vila.