Museo Etnográfico Monte Caxado
O museo que mantén viva a memoria da sociedade pontesa.
Trátase dun museo de referencia da nosa cultura pontesa. As orixes do museo están na desaparición acelerada dun modo de vida que se extinguía engulido co avance da mina de lignito.
Para manter viva esa memoria dos lugares e das xentes e para transmitir ás novas xeracións as tradicións dos seus antepasados naceu un proxecto de museo dentro do colexio público Monte Caxado. Botou a andar no curso 1984 -1985 da man do súa alma máter, o profesor José María López Ferro.
O museo localízase no centro histórico, na Praza da Igrexa. A actual sede foi aberta no ano 2019. Pódese visitar de martes a venres de 18:00 a 19:30 e as fins de semana e os festivos de 11:30 a 13:00.
Existe unha exposición permanente que se distribúe polos dous andares do edificio nos que se poden ver obxectos da vida cotiá e dos oficios que houbo nas Pontes ao longo do tempo. O museo tamén conta con outro tipo de documentos, como fotografía, documentación, audios e vídeos.
O Museo Etnográfico Monte Caxado encóntrase na Praza da Igrexa.

Ponte Romana
Unha ponte de postal sobre o río Chamoselo.
Ponte dos Ferros
A entrada á vila de García Rodríguez a través do río Eume.
Mural "Artistas que tornean soños coas voltas do tempo"
Esta peza pictórica rende homenaxe aos torneiros, oficio de longa tradición histórica nas Pontes e que continúa vizoso na actualidade.
Muíño de Severiano
O muíño da Vila.
Casco Histórico da Vila
O barrio histórico ten a súa orixe nunha vila medieval que naceu aos pés do Eume. As súas rúas foron transitadas por viaxeiros e peregrinos e agochan tesouro...
Museo Etnográfico Monte Caxado
O museo que mantén viva a memoria da sociedade pontesa.
Praza da Igrexa
Esta praza é o centro do conxunto histórico da Vila.
Igrexa de Santa María das Pontes
A fermosa torre do campanario que se eleva sobre a vila histórica das Pontes.
Fonte Nova ou de Isabel II
A fonte da Vila.
Ponte de Isabel II
A nova ponte de 1862 que cruza o Eume.
Muíño de Alende
Un fermoso muíño con historia no centro da vila.
Mural "Dous pobos, unha mesma nai: Galiza - Breizh "
Este mosaico alude ás conexións afectivas e culturais entre os pobos galego e bretón.
Praza do Hospital
É unha das prazas máis antigas da vila.