Fonte Nova ou de Isabel II

Fonte Nova ou de Isabel II

A fonte da Vila.
Esta fonte con frontón está construída nun manancial que daba de beber aos habitantes da histórica Vila. Pola beira do río Eume a xente da Vila ía ao manancial para beber, coller auga e incluso lavar a roupa.

No ano 1857 constrúese na finca que está sobre o manancial o cemiterio parroquial das Pontes nunha propiedade de José Prieto. O camposanto está en uso ata o 1994, ano no que se retiran os últimos restos humanos. Neste tempo decaeu o uso do manancial.

A fonte sitúase nas escaleiras de entrada ao cemiterio vello. Ten representado o escudo das Pontes de García Rodríguez e dúas mans que se estreitan. A auga brota da cara dun león.

Localízase no cemiterio vello a carón da ponte de Isabell II.