Capela de Marraxón

Capela de Marraxón

Capela en honra da Virxe dos Remedios que conserva un cruceiro coa súa policromía orixinal.
A súa localización actual é de 1901 momento no que se traslada unha capela antiga que se encontraba en Marraxón de Abaixo e que estaba en estado ruinoso. A capela primitiva remontábase aos principios do século XVIII.

O templo actual consta dunha única nave rectangular cunha pequena espadana sobre a porta principal rematada con pináculos que acolle unha campá e unha cruz de forxa no seu cumio. Destaca ao carón da porta unha pequena furna que contén unha imaxe de Nosa Señora dos Remedios, que é advocación da igrexa.

É moi destacable un cruceiro que se encontra diante da entrada principal, pois se trata do único exemplar do municipio que conserva a policromía.