Igrexa de San Xoán do Aparral

Igrexa de San Xoán do Aparral

Unha igrexa situada nunha contorna de especial beleza.
Atópase situada nun lugar de excepcional beleza que lembra ás típicas igrexas parroquiais rurais. O edificio é de planta rectangular, cunha soa nave á que ten acaroada a sancristía. Ten dous pórticos cubrindo as entradas ao templo. A torre do campanario encóntrase separada do edificio.

San Xoán do Aparral tivo o privilexio de ser igrexa de refuxio, polo que calquera persoa no seu interior tiña asegurado o asilo eclesiástico e podería defenderse dos castigos da Xustiza.

O Aparral conservou ata hai unhas décadas unha antiga irmandade que velaba polas almas. A Confraría de Ánimas foi refundada no século XVIII e chegou ata mediados do século XX. Moi sonados eran os vistosos enterros dos confrades, acompañados por unha procesión de fachos.