Igrexa de Santa María de Espiñaredo

Igrexa de Santa María de Espiñaredo

Unha obra vangardista no alto de Espiñaredo.
O edificio é de nova construción e foi ergueito para acoller as celebracións eucarísticas da veciñanza de Espiñaredo que quedaran sen igrexa por mor das expropiacións e avance da mina de Endesa.

O templo foi inaugurado en 1990, e foi obra do arquitecto Cesar Olaiz García e o artista viveirense Xosé Luís Neira Borchs, quen conta coa colaboración do escultor Eleutorio Gordo.

A obra é vangardista e prescíndese de ornatos para dar protagonismo aos fieis. O espazo interior queda divido en tres partes exactamente iguais, dúas dedicadas á asemblea e unha ao presbiterio, situando o altar na zona central sen separación co resto do edificio. Hai diversos murais e vidrieiras, nos que destaca a representación do Ollo de Deus representado no altar maior.