Igrexa de Nosa Señora da Luz do Poboado
A igrexa do noso primeiro poboado industrial.
A igrexa de Nosa Señora da Luz enténdese dentro do poboado planificado e autosuficiente das Veigas. É mandada construír en 1961 polo presidente da Empresa Nacional "Calvo Sotelo" e inaugúrase en xullo de 1965. Está pensada para acoller 700 persoas e substitúe a capela provisional do poboado . A súa advocación é na honra da Virxe da Luz, figura que se encontra no altar maior e que é obra do escultor Pérez Comendador. Parece ser que o modelo para esta imaxe foi a muller do presidente, chamada Luz. No altar maior tamén está a imaxe de Santa Bárbara, patroa dos mineiros.
O seu estilo é ecléctico, manifestando no exterior referencias ao románico (arcos de medio punto), ao estilo herreriano (bólas sobre pedestal e pináculos piramidais) e á tradición local (a vieira e a cruz de Santiago). A estrutura do edificio está realizada en formigón armado revestido de granito no exterior e mármore no interior. As expresións historicistas do exterior contrastan cun interior plenamente funcional e moderno.
O seu estilo é ecléctico, manifestando no exterior referencias ao románico (arcos de medio punto), ao estilo herreriano (bólas sobre pedestal e pináculos piramidais) e á tradición local (a vieira e a cruz de Santiago). A estrutura do edificio está realizada en formigón armado revestido de granito no exterior e mármore no interior. As expresións historicistas do exterior contrastan cun interior plenamente funcional e moderno.
Igrexa de Santa María das Pontes
A fermosa torre do campanario que se eleva sobre a vila histórica das Pontes.
Capela do Carme
É a capela da patroa das Pontes, a Virxe do Carme.
Igrexa de Nosa Señora da Luz do Poboado
A igrexa do noso primeiro poboado industrial.
Capela de San Vicente de Pontoibo
A veciñanza de Pontoibo aínda mantén viva a esencia da romaría de San Vicente coa súa poxa e a súa festa cada 22 de xaneiro.
Igrexa da Asunción do Deveso
A fermosa igrexa parroquial do Deveso.
Igrexa de San Mamede
A vistosa igrexa parroquial de Somede.
Igrexa de San Pedro de Eume
É unha igrexa sobria e fermosa con moitos pequenos detalles para ver.
Igrexa de San Martiño de Goente
A igrexa parroquial de San Martiño de Goente nas portas da Serra do Forgoselo.
Igrexa de San Xoán do Aparral
Unha igrexa situada nunha contorna de especial beleza.
Igrexa de San Xoán do Freixo
A igrexa parroquial sitúase nun fermoso conxunto formado pola aldea, dous cruceiros, a casa reitoral, o palco da música e a antiga escola.
Igrexa de Santa María da Vilavella
Unha bela igrexa dunha parroquia extensa que hoxe está debaixo das augas do Lago.
Igrexa de Santa María de Espiñaredo
Unha obra vangardista no alto de Espiñaredo.
Igrexa de Santa María de Ribadeume
Una antiga igrexa que conserva un sartego medieval.
Capela da Santa do Carballo
Unha capela que acolle unha devoción moi antiga á Virxe.
Capela de Marraxón
Capela en honra da Virxe dos Remedios que conserva un cruceiro coa súa policromía orixinal.
Capela de Pena de Francia
Unha capela de lenda no corazón da espectacular fraga de Solloso.
Capela de San Ramón do Paraño
Capela sinxela herdeira dunha longa tradición secular en honra a San Ramón.
Cemiterio das Campeiras
O primeiro cemiterio municipal das Pontes.
Cemiterio dos Alimpadoiros
O cemiterio municipal das Pontes.