Praza do Hospital
É unha das prazas máis antigas da vila.
Trátase da primeira praza moderna do municipio e contaba cun palco da música para a celebración das festas. Toma o seu nome porque alí estaba o antigo hospital de pobres e peregrinos da vila que foi levado extra muros da vila medieval con probabilidade no século XIX durante a epidemia de cólera que asolou Galicia.
A praza está situada nun punto neurálxico da vila. Tivo moi diversas denominacións como Praza de Afonso XIII, Praza do Cruceiro, Praza do Escolar. Tamén se chamou durante moito tempo Praza das Zocas, habendo esculturas de granito rememorando as zocas. Tras varios cambios de denominación e mobiliario a praza recobrou o seu nome orixinal Praza do Hospital.
A praza foi a localización orixinal do cruceiro que na actualidade se pode contemplar diante da igrexa do Poboado das Veigas. A súa localización estaba no vello cruce entre o camiño real de Castela e o camiño que levaba a Ortigueira e Bares.

Praza da Igrexa
Esta praza é o centro do conxunto histórico da Vila.
Praza de América
A praza que leva o nome en memoria dos emigrados en Cuba que promoveron un colexio co que contribuír a un futuro mellor das nenas e nenos das Pontes de Garcí...
Praza do Carme
A fermosa praza na que se erixe un cruceiro levantado en 1828.
Praza do Hospital
É unha das prazas máis antigas da vila.
Monumento "Home ollando á ventá"
Conxunto escultórico dun home ollando unha ventá.
Monumento a José María Rivera Corral
Monumento en homenaxe ao fundador de Estrella Galicia que naceu no barrio pontés do Chamoselo.
Monumento a Enrique Rivera Rouco
Monumento á persoa que inculcou a súa paixón pola historia a varias xeracións de ponteses.
Monumento Alegoría da Vida e da Morte
Obra impresionante de Ramón Conde na que mostra a morte aleitando a vida.
Monumento aos Irmáns Tojeiro
Unha escultura que lembra as orixes dos grandes emprendedores ponteses, os Irmáns Tojeiro.
Monumento de Irmandamento con Lesneven
Monumento ao irmandamento coa vila bretoa de Lesneven.
Monumento da Lembranza
Unha ventá para ollar todo aquilo que foi e que desapareceu no avance mineiro.
Monumento ao Traballador
Este impoñente monumento preside a Praza de Carlos Fornos en memoria de tódolos traballadores das Pontes.
Monumento á Música
A escultura lembra o centenario duns pioneiros na historia da música, a banda de Ribadeume.
Área de Lecer "Parque do Eume"
Área de lecer a carón do río Eume.
Área de Lecer da Ribeira
Unha área de descanso nunha senda que vai a carón do río Eume.
Área de Lecer do Lago das Pontes
Área de esparcimento nas inmediacións da praia do Lago.