Monumento a Enrique Rivera Rouco

Monumento a Enrique Rivera Rouco

Monumento á persoa que inculcou a súa paixón pola historia a varias xeracións de ponteses.
Don Enrique, o cura dos Chaos, foi un sacerdote católico que deixou unha forte pegada nas Pontes onde era unha persoa moi querida. Nacera no seo dunha familia labrega no lugar dos Chaos (As Pontes). Foi coadxutor da parroquia de Santa María das Pontes e máis tarde párroco de Roupar e de Santa María do Aparral.

A súa paixón pola historia levouno a indagar os aspectos do pasado das Pontes de García Rodríguez da que escribiu moi diversos artigos. Dunha forma estruturada repasa toda a historia do concello no libro Estudio sobre la historia de Puentes de García Rodríguez y su comarca, do ano 1976.

O monumento é obra do escultor pontevedrés Mario Valles Castro. Presenta a figura de Don Enrique sentada. O respaldo está está feito con pedra de toelo e sobre o pedestal hai unha placa que rememora ao Cura dos Chaos.

A escultura encóntrase na rúa Presa de Alende, próxima a antigo lugar dos Chaos onde nacera Don Enrique.