Monumento da Lembranza
Unha ventá para ollar todo aquilo que foi e que desapareceu no avance mineiro.
A Casilla está ás portas do Lago das Pontes. Foi durante anos o límite coa mina de lignito. Máis alá da Casilla desapareceron pola actividade mineira lugares enteiros: A Ponte da Pedra, Illade, A Palloza, Seara, Toiverde, O Vilar, O Meidelo, Portoferreiro, Codesás, O Seixo, Cartilida, Ribeirón, Carboeiro, Santa Eulalia, O Portorroibo, Almigonde, Carracedo, A Barosa, Os Mouros…
…E cos lugares desapareceron xeracións de familias que viviron unhas tras outras no mesmo lugar, relacións de veciñanza, amizades, traballos comunais, festas, romarías, usos e costumes, etnografía e historia... e con eles construcións de casas, cabanas, pontes, pozos, hórreos, igrexas, cruces, cruceiros, muíños, camiños, mámoas, castros.
No ano 1990 erixiuse un monumento para recordar eses lugares que hoxe xa non están. O monumento reconstrúe parte da fachada dunha vella casa. No muro vese o vertedeiro da casa e a ventá da cociña. E o mirar por esa xanela en lugar dunha casa o que se pode ver é o lago onde estaban as aldeas cheas de vida que desapareceron coa mina.
A Praza da Lembranza está na Casilla, preto do lago, e no que sería hoxe o final do que queda da vella estrada que ía cara a Ponte da Pedra e, logo, á Coruña ou a Ferrol.

Praza da Igrexa
Esta praza é o centro do conxunto histórico da Vila.
Praza de América
A praza que leva o nome en memoria dos emigrados en Cuba que promoveron un colexio co que contribuír a un futuro mellor das nenas e nenos das Pontes de Garcí...
Praza do Carme
A fermosa praza na que se erixe un cruceiro levantado en 1828.
Praza do Hospital
É unha das prazas máis antigas da vila.
Monumento "Home ollando á ventá"
Conxunto escultórico dun home ollando unha ventá.
Monumento a José María Rivera Corral
Monumento en homenaxe ao fundador de Estrella Galicia que naceu no barrio pontés do Chamoselo.
Monumento a Enrique Rivera Rouco
Monumento á persoa que inculcou a súa paixón pola historia a varias xeracións de ponteses.
Monumento Alegoría da Vida e da Morte
Obra impresionante de Ramón Conde na que mostra a morte aleitando a vida.
Monumento aos Irmáns Tojeiro
Unha escultura que lembra as orixes dos grandes emprendedores ponteses, os Irmáns Tojeiro.
Monumento de Irmandamento con Lesneven
Monumento ao irmandamento coa vila bretoa de Lesneven.
Monumento da Lembranza
Unha ventá para ollar todo aquilo que foi e que desapareceu no avance mineiro.
Monumento ao Traballador
Este impoñente monumento preside a Praza de Carlos Fornos en memoria de tódolos traballadores das Pontes.
Monumento á Música
A escultura lembra o centenario duns pioneiros na historia da música, a banda de Ribadeume.
Área de Lecer "Parque do Eume"
Área de lecer a carón do río Eume.
Área de Lecer da Ribeira
Unha área de descanso nunha senda que vai a carón do río Eume.
Área de Lecer do Lago das Pontes
Área de esparcimento nas inmediacións da praia do Lago.