Mural

Mural "A arte nas mans"

O muro roto do que saen unhas mans que nos ofrecen arte.
Rubén Moledo é un artista pontés que ten paixón polo grafiti desde neno. Para el grafitear muros é ademais dun traballo unha forma de expresión e de entender a vida.

A peza realizada por Rubén conta coa participación do artista local Iván Gómez. O mural recrea un muro roto no que unhas mans nos dan a benvida a unha fenda que permite ver ben as hortas que hai detrás do cemento.

Na beirarrúa que se sitúa diante do mural hai debuxadas unhas pegadas que é onde se debe situar o espectador para contemplar a composición pictórica.

En palabras do propio Rubén: “Que a xente do teu pobo che dea os parabéns por un traballo co que desfrutas tanto, non ten prezo. Dende aquí agradecer á xente que se implicou en todo este proxecto e no meu caso, a camuflar entre hortas este muro nunha das avenidas máis transitadas da vila.”

O mural de Rubén Moledo pode gozarse na Avenida de Ortigueira nº 78.