Mural

Mural "As Pontes no cretáceo"

O mural recrea a vida do lago das Pontes durante o Cretáceo.
No transcurso dos traballos de escavación da mina de lignito apareceron centos de fósiles que permitían pensar que houbera un lago cheo de vida.

Con esta premisa a artista Federica Di Tizio recrea un lago cheo de cor e de vida no que actualmente é o lago das Pontes.

A autora define así o seu mural: “A idea era imaxinar como era As Pontes nesta época. Así que aparecen animais e plantas que, moi doadamente, podían estar aquí durante o cretáceo. Xa que ninguén pode saber a ciencia certa a verdadeira cor dos dinosauros, escollemos cores de fantasía co fin de crear unha atmosfera coloreada que encaixara á súa vez nas coas cores da rúa onde se atopa o mural.”

Federica Di Tizio é unha artista italiana con base en Galicia, debuxante de cómics e ilustradora infantil. Formouse na Academia Fumetto di Pescara e, dende o 2005, traballou como ilustradora e character designer freelance, colaborando con editoras de Europa, Asia e EEUU.


O mural localízase na Rúa Rego do Campo 2.