Mural

Mural "Lady Falcón"

Mural de Yoseba M que retrata a Carmen a da Depuradora, e que forma parte da famosa serie "Fenómenos do rural".
Joseba Muruzábal, alias Yoseba M, é un artista galego que está a ser un referente da pintura contemporánea galega. É licenciado en Belas Artes e o seu traballo caracterízase por un decido toque realista, influenciado pola fotografía, cun toque surrealista.

É amplamente coñecido, e recoñecido, pola súa serie “Fenómenos do rural”, unha serie de murais na que rende homenaxe ás mulleres do rural galego. Nestes cadros representa mulleres retratadas como superheroínas dentro de contextos cotiás.

A heroína local que retratou Yoseba M foi “Carmen a da Depuradora”, que nese momento contaba con 95 anos. Carmen botara parte da súa vida na casa depuradora que a empresa Calvo Sotelo tiña para fornecer de auga potable o Poboado das Veigas. É retratada sobre un depósito de auga tan común na arquitectura das casas do rural galego. Sobre a cabeza leva unha cesta de cogomelos en referencia á “Feira de Fungos e Cogumelos”.

A traxectoria profesional de Yoseba M está inzada de recoñecementos e galardóns: gañador do certame de Novos Valores da Deputación de Pontevedra (2009), mellor artista galego na Bienal Eixo Atlántico (2010), primeiro premio do V Certame de Pintura Arte Nova Galega (2012), así como numerosas participacións en mostras, exposicións itinerantes, cursos e exposicións.

A peza de Yoseba MP está localizada na Avenida de Galicia nº 76.