Mural

Mural "Daquela As Pontes"

Con este mural Sekone rende homenaxe á xente das Pontes, retratando rostros do proxecto de "Daquela As Pontes".
O mural é obra de Miguel Ruiz, coñecido como Sekone. Trátase dun artista multidisciplinar que se move entre o debuxo, a pintura, o deseño gráfico e o muralismo.

Nesta peza rende homenaxe ao proxecto Daquela As Pontes. “Daquela” foi unha iniciativa para recuperar patrimonio fotográfico das Pontes e memoria oral ligado a el. No mural represéntanse rostros de cidadáns ponteses que foron tomados de “Daquela As Pontes”. Sekone infire ás súas obras hiperrealismo con toques oníricos.

A peza está situada na Praza do Hospital, na unión da rúa Castelao coa Avenida da Habana.