Mural

Mural "Recuncho animado das Fragas"

Este mural recrea a natureza animada das Fragas do Eume.
As Fragas do Eume son un dos bosques atlánticos mellor conservados de Europa. No seu interior hai unha gran diversidade de flora e fauna que as converten nun tesouro natural.

Judith Cao é unha artista pontesa que fai a súa estrea como autora principal neste mural que leva a maxia das Fragas a un entorno urbano. No seu mural xunta natureza e animais das fragas para transformalos nun único ser, creando unha paisaxe animada das Fragas.

Esta peza pode visitarse na calella situada na Avenida de Galicia 69.