Mural "Mamed Casanova, o derradeiro bandoleiro"
Este peza representa ao bandoleiro Toribio que inicia o seu mito roubando no cemiterio o traxe dun rico e presentándose con el o día da festa patroal.
As fazañas de Toribio comezan o día que desenterra un indiano adiñeirado que acababa de falecer para roubarlle o traxe e lucir fachendoso o traxe roubado no mesma aldea na que collera o traxe. Este episodio fai que Valle Inclán o eleve a mito.
Mamede Casanova nace en 1882 en Grañas do Sor (Mañón) nunha familia pobre e acaba convertido no bandoleiro Toribio. No asalto á casa reitoral de Grañas é asasinada a criada do cura polo que Toribio entrará en prisión. Foxe do cárcere e convértese nun foraxido ao que non lle dan caza, converténdose en noticia da prensa de época. Toribio é capturado meses despois nunha trampa urdida na casa reitoral do Freixo. A condena a morte foille permutada por cadea perpetua e foi liberado na Segunda República.
Nove Noel é un dos muralistas galegos máis talentosos. Representa a Toribio lucindo con fachenda o traxe de indiano que collera dun rico enterrado no camposanto. Tamén aparece co seu revólver de bandoleiro e a pega que a tradición popular dicía que fora amestrada por el para avisalo da presenza da Garda Civil.
O mural de Toribio está na Avenida de Ferrol, diante da praza do Carme.

Mural "Radio Eume, a radio máis nosa "
Mural que conmemora o trixésimo aniversario da radio máis nosa, Radio Eume
Mural "O banco dos bicos"
Un escenario máxico onde o protagonismo é para os bicos.
Mural "As feiras"
Neste colorido mural recóllese a esencia das feirasque se celebran nas Pontes.
Mural "A rapaza durminte"
Trátase dun mural de gran tamaño e realismo sobre a fachada dunha vella marmorería. Forma parte da serie “Sleepers” da autora Lula Goce.
Mural "Cogumelos retranqueiros"
Este mural conmemora en forma de tira cómica o trixésimo aniversario da Feira dos Fungos e Cogomelos a cargo do prestixioso ilustrador Luís Davila.
Mural "Dora, a ghreleira"
Este mural foi o que inaugurou a serie "As Pontes enPEZAS". Corre a cargo de Luís Davila, mestre da ilustración galega contemporánea.
Mural "García Rodríguez de As Pontes"
Neste mural está respresentado García Rodríguez, o das Pontes, o nobre que dá nome á vila das Pontes.
Mural "Lady Falcón"
Mural de Yoseba M que retrata a Carmen a da Depuradora, e que forma parte da famosa serie "Fenómenos do rural".
Mural "Recuncho animado das Fragas"
Este mural recrea a natureza animada das Fragas do Eume.
Mural "Oda á muller"
Obra colectiva de quince mulleres na que expresan o que foi, o que é e o que ha de vir nas vivencias e nas
loitas das mulleres.
Mural "Hai un galego na lúa"
Mural de Wedo que nos mostra o que é estar lonxe da casa.
Mural "Dous pobos, unha mesma nai: Galiza - Breizh "
Este mosaico alude ás conexións afectivas e culturais entre os pobos galego e bretón.
Mural "Artistas que tornean soños coas voltas do tempo"
Esta peza pictórica rende homenaxe aos torneiros, oficio de longa tradición histórica nas Pontes e que continúa vizoso na actualidade.
Mural "Xaquín das Herbas e o seu carballo"
Xaquín das Herbas e o seu famoso carballo volven ao barrio do Chamoselo da man de Pili Carballeira e as súas alumnas de pintura.
Mural "As lavandeiras do Chamoselo"
Este mural rende tributo ás mulleres que desempeñaron o
duro oficio de lavandeira no río Chamoselo.
Mural "A galiña e os pitiños de ouro"
O mural é unha extraordinaria composición na que se
retrata unha das lendas do Monte Caxado que fala dunha galiña con pitos de ouro.
Mural "Daquela As Pontes"
Con este mural Sekone rende homenaxe á xente das Pontes, retratando rostros do proxecto de "Daquela As Pontes".
Mural "Homenaxe a Xaquín das Herbas"
Este mosaico está composto polo rostro de 809 persoas
cos que se formaron as 2089 teselas que debuxan o mítico Xaquín das Herbas.
Mural "A lenda das tres fontes irmás"
A lenda do río Eume é unha das máis singulares de Europa na explicación da orixe dun río.
O artista Delio Rodríguez personifica o río nun mural cheo de deta...
Mural "Deixa de soñalo e comeza a practicalo"
Este mural rende homenaxe á gran tradición deportiva
da xente das Pontes.
Mural "Sanxoaneiras"
O mural da autora madrileña Suk Ha retrata a riqueza dasplantas usadas na noite de San Xoán.
Mural "As Pontes, de mina a lago"
Este mural foi realizado por un veciño do propio Poboado
da Fraga. A través dun cromatismo impresionante dá vida a un mural de gran beleza.
Mural "O feitizo do Samaín"
Este mural transforma un estrutura de formigón nunha amanita muscaria chea de maxia e tradición.
Esculturas "O soño de San Xoán"
A maxia da noite de San Xoán labrada en madeira.
Mural "O camiño dos arrieiros"
O mural de Comeluz devolve á vida os arrieiros que desde As Pontes levaban mercadorías ao porto de Bares.
Mural "A arte nas mans"
O muro roto do que saen unhas mans que nos ofrecen arte.
Mural "Mamed Casanova, o derradeiro bandoleiro"
Este peza representa ao bandoleiro Toribio que inicia o seu mito roubando no cemiterio o traxe dun rico e presentándose con el o día da festa patroal.
Mural "A nosa orixe"
Homenaxe mural aos precursores da música nas Pontes coa primeira banda de música en 1909.
Mural "Construíndo capacidades "
O mural amósanos que para construír un quebracabezas
as pezas diferentes son todas igual de necesarias.
Mural "As Pontes no cretáceo"
O mural recrea a vida do lago das Pontes durante o Cretáceo.
Mural "Na diferenza está a igualdade"
Este mural alegre e colorido foi realizado por persoas con diferentes capacidades demostrando que son as diferenzas o que nos fai iguais.
Mural "O tren"
Neste mural o artista Edu Hermida puxo a pintar á rapazada dos institutos ponteses. O tren é o movemento da locomotora que vai do pasado industrial cara ao f...
Mural "Irse"
Trátase dun mural cun gran resultado pictórico que nos
lembra o noso pasado migrante.