Mural

Mural "O camiño dos arrieiros"

O mural de Comeluz devolve á vida os arrieiros que desde As Pontes levaban mercadorías ao porto de Bares.
O Camiño dos Arrieiros era unha vella ruta comercial que unía o que hoxe é As Pontes co porto de Bares. Por ela transitaban os arrieiros coas súas mulas e burros cargados de mercadorías que circulaban polo alto das serras da Faladoira e Coriscada. A ruta ten a súa orixe nun vello camiño prehistórico marcado por enterramentos megalíticos.

O encargado de devolver á vida este camiño foi o artista pontés Sergio Pico, coñecido como Comeluz. O autor estudou Belas Artes en Salamanca e técnicas de serigrafía, gravado e estampaxe na Escola Ramón Falcón de Lugo. É a alma máter do Taller de Artes Comeluz nas Pontes.

Comeluz neste mural representa o andar dos arrieiros e o Camiño, que sae do muro onde está pintado para estenderse pola beirarrúa, seguindo o trazado que tiña o camiño orixinal.

Esta peza está situada no cruce da Avenida de Ortigueira coa Rúa Ourense