Mural

Mural "Xaquín das Herbas e o seu carballo"

Xaquín das Herbas e o seu famoso carballo volven ao barrio do Chamoselo da man de Pili Carballeira e as súas alumnas de pintura.
Pili Carballeira guía as súas alumnas de pintura para devolver ao barrio do Chamoselo unha das súas figuras míticas, Xaquín das Herbas. Xaquín foi unha persoa que deambulou polas Pontes no segundo terzo do século XX. Foi unha persoa moi querida. Durmía no barrio do Chamoselo, ás veces en palleiras e tamén nun enorme carballo esburacado que estaba a carón da ponte romana do río Chamoselo.

A peza mural retrata a Xaquín das Herbas no seu afamado carballo. Está localizado no barrio onde “viviu” Xaquín e no que se garda un moi bo recordo del.

Esta peza colectiva está situada na Rúa do Chamoselo nº12