Mural

Mural "A lenda das tres fontes irmás"

A lenda do río Eume é unha das máis singulares de Europa na explicación da orixe dun río. O artista Delio Rodríguez personifica o río nun mural cheo de deta...
As Pontes e o Eume forman unha unión indisociable. Existe unha lenda que narra as orixes do río Eume. Tres fontes irmás naceron no alto do Xistral. O mar prometeulles que a primeira delas en chegar canda el tería como recompensa un home cada ano. As tres inician xuntas o camiño ata o mar e no seu primeiro descanso para durmir prometeron que a primeira en recordar espertaría as súas irmás. Cando Eume recordou viu que Masma e Landro xa marcharan sen avisala. Tal foi a carraxe que atravesou as montañas ata o chegar ao mar. Por iso Eume come unha vida cada ano.

O encargado de dar vida a esta lenda foi o artista Delio Rodríguez Ces. Este artista vigués desenvolveu gran parte da súa carreira en México, Ecuador, Portugal e Italia.

Delio representou a lenda nun mural de gran formato na que a protagonista é Eume, co seu sono, a súa carraxe e o premio que conseguiu por chegar primeira ao mar.

Este mural está na Avenida da Habana, no Poboado do Barreiro, Bloque 6.