Mural

Mural "As lavandeiras do Chamoselo"

Este mural rende tributo ás mulleres que desempeñaron o duro oficio de lavandeira no río Chamoselo.
Pili Carballeira e as súas alumnas de pintura realizan este mural dedicado ás mulleres que lavaban a roupa a man no río Chamoselo. O bosquexo é de Pili Carballeira e foi pintado por alumnas de idades comprendidas entre os 5 e os 70 anos.

O muro onde foi pintada esta peza sitúase a escasos metros do lavadoiro do Chamoselo. Este lavadoiro estivo en funcionamento moitísimos anos e por el pasaron moitas mulleres coas súas coladas ás que se lles rende homenaxe nesta obra.

A autora comentaba ao respecto da súa obra: “Hai un lavadoiro e contáronme que antigamente as señoras lavaban para xente rica que lles pagaba. A idea é lembrar os tempos duros, pero tamén lembrar o bo, ás compañeiras charlando e ás nenas xogando.”

Esta peza colectiva está situada na Rúa do Chamoselo nº9