Mural

Mural "Cogumelos retranqueiros"

Este mural conmemora en forma de tira cómica o trixésimo aniversario da Feira dos Fungos e Cogomelos a cargo do prestixioso ilustrador Luís Davila.
Luís Davila e María Acuña únense para facer un mural conmemorativo da XXX Feira de Fungos e Cogomelos. Foi realizado no transcurso da Feira, polo que moitos asistentes puideron falar cos artistas durante a realización do mural.

A peza é unha tira cómica do mesmo estilo que fai Davila en prensa e que ten unha temática micolóxica retratada con humor. Aparece ademais Carmela Cantarela, mascota oficial da Feira.

En palabras de Luís Davila: “A idea era darlle máis cor se cabe á festa dos cogomelos e a temática xira arredor desa cita, que será esta fin de semana. A intervención é sobre a micoloxía, pero mesturándoa co humor dos personaxes que fago eu tódolos días”.

A peza está situada na rotonda do mesón Sete Camiños na rúa Rego do Campo.