Mural

Mural "O feitizo do Samaín"

Este mural transforma un estrutura de formigón nunha amanita muscaria chea de maxia e tradición.
Entre o verde da Canle IV emerxe unha estrutura de formigón como se fose un cogomelo. As artistas locais Carolina Díguele e Isabel O´Connor dan vida a este cilindro de formigón para transformalo nunha amanita muscaria.

Este fungo ten un sombreiro vermello e pintas brancas. É un fungo tóxico usado en rituais xamanísticos polo seu poder alucinóxeno. Na tradición europea críase que alí onde danzaban as bruxas nacían fungos en forma de círculo. Son as formacións coñecidas popularmente como roda das bruxas ou roda das fadas.

Isabel O´Connor e Carolina Díguele enchen de maxia este espazo para devolvelo á natureza e á maxia.

O mural sitúase na Avenida Monte Caxado na Canle IV.