Mural

Mural "Deixa de soñalo e comeza a practicalo"

Este mural rende homenaxe á gran tradición deportiva da xente das Pontes.
O mural localízase a carón do Pavillón Municipal da Fraga, que é unha infraestrutura que concentra un gran número de actividades deportivas. A peza está dedicada aos deportes que teñen gran presenza nas Pontes e aos deportistas que os practican.

O autor é Rubén Moledo, graffiteiro local, que é un artista recoñecido pola súa habilidade coa técnica do graffiti. Neste mural enormemente colorido están debuxadas as principais disciplinas que se practican no noso concello: tiro con arco, ximnasia rítmica, tenis, pádel, karting, piragüismo, karate, ciclismo, patinaxe artístico, tiro ao prato, escalada, vela, hípica, sendeirismo, rugby, motocrós, fútbol, baloncesto, rally…

Esta peza pode visitarse na centralita que hai detrás do Pavillón Municipal da Fraga