Mural

Mural "Sanxoaneiras"

O mural da autora madrileña Suk Ha retrata a riqueza dasplantas usadas na noite de San Xoán.
A festa da noite de San Xoán ten unha forte raizame no territorio das Pontes, onde a salta do lume e os floreos das casas forman parte do seu acervo cultural.

O mural de Teresa Martín-Patino, coñecida por Suk Ha, representa as herbas de San Xoán tan presentes na tradición galega. Son un conxunto de plantas recollidas antes da noite máxica e que se deixan bañar no resío da noite. A auga das herbas é pura e usase para lavar a cara e o seu ramo ten propiedades apotropaicas.

Suk Ha é unha pintora e ilustradora dixital, centrada na arte mural e na ilustración. O lugar escollido para o mural é o Encoro da Ribeira no depósito que alí se localiza.

En palabras da autora: “Foi todo un reto e un desfrute facerme partícipe no As Pontes enPEZAS. O proxecto das Sanxoaneiras xurdiu coa intención de representar a riqueza botánica da zona e facer un chamamento ao coñecemento da abundancia de flora medicinal partindo da festividade do San Xoán. O marco desta obra é moi especial, pola súa abafadora paisaxe acompañada de auga e bosque”.

A peza de Suk Ha está localizada no depósito do Encoro da Ribeira.