Mural

Mural "A rapaza durminte"

Trátase dun mural de gran tamaño e realismo sobre a fachada dunha vella marmorería. Forma parte da serie “Sleepers” da autora Lula Goce.
Esta peza está realizada pola prestixiosa artista baionesa Lula Goce. Ela está especializada en arte urbana e muralismo. Participou en diversos certames e exposicións artísticas tanto nacionais como internacionais en Europa e América. Para a artista, é importante que as súas obras produzan unha interacción directa cos espectadores, alteren os espazos para mellor e se volvan unha parte integral das áreas que habitan.

A obra representa unha nova veciña da vila que, tras moito viaxar, atopou un sitio no que quedar a durmir e nunca máis marchou. Forma parte dunha serie de murais que leva por título “Sleepers” (dormentes). Mestura cores con rostros de gran realismo.

As formas do mural e as súas dimensións buscan producir unha interacción co espectador.

O mural de Lula Goce está nun vello taller de marmorería na rúa Santiago.