Mural

Mural "Irse"

Trátase dun mural cun gran resultado pictórico que nos lembra o noso pasado migrante.
As Pontes é unha terra de migrantes. A súa historia comeza no séculos XIX e XX cando moitos ponteses escapaban da miseria e atravesaban o mar rumbo a América. Partían cara a unha terra chea de oportunidades e tamén de dificultades. Cuba foi un dos destinos máis habituais desta terra prometida.

Este mural é o primeiro de Juan Prieto (Sonao). Juan é un artista pontés de gran talento. Sobre o muro dun vello alpendre realizou este mural impresionante no que recorda a nosa propia historia de migrantes e do mar que se atravesaba cara a unha terra chea de oportunidades.

O mural encóntrase na Rúa Irmáns Tojeiro a carón do Gadis.