Mural

Mural "O tren"

Neste mural o artista Edu Hermida puxo a pintar á rapazada dos institutos ponteses. O tren é o movemento da locomotora que vai do pasado industrial cara ao f...
Este mural é unha elaboración colectiva conducida por Edu Hermida que conta coa participación do alumnado dos institutos IES Castro da Uz e IES Moncho Valcarce.

No mural quíxose plasmar o movemento representado no tren de transporte de carbón e o futuro simbolizado pola mocidade das Pontes. Edu Hermida é un artista ferrolán promotor do proxecto artístico “Meninas de Canido”.

Nas palabras de Edu Hermida: “Sempre é moi grato ver pintar aos máis mozos, pois compensan as súas carencias técnicas coa parte emocional coa que dotan os seus traballos, destacando a pureza das cores e a esencia das pinceladas. Foi un fermoso traballo participativo e comunitario, que máis que a estética, tanto ten un enorme valor a involucración social e a participación educativa”.

Este mural colaborativo encóntrase na curva do Rego do Muíño á altura do número 30.