Campamento de Vilarbó

Campamento de Vilarbó

Unhas instalacións nunha área natural de gran valor ecolóxico.
O campamento de Vilarbó son unhas instalacións habilitadas para a realización de campamentos dentro dunha área natural de gran valor ecolóxico. Ofrece a organización de actividades ao aire libre.

O campamento está dotado de cociña, comedor, baños e duchas, área de acampada e aloxamento. Está localizado nunha área de bosque atlántico con gran variedade de flora e fauna.