Campo de Rugby do Poboado

Campo de Rugby do Poboado

Un campo habilitado para a práctica de diversas actividades deportivas.
O campo de Rugby é municipal. Está situado en terreos do Poboado das Veigas que eran de Endesa e que foron cedidos ao Concello. É o campo do equipo local Fendetestas

O Clube de Rugby Fendetestas naceu en 1989, tralo moi boa acollida dun curso de rugby que tivera lugar un ano antes. As súas cores son as da vila, o verde e o vermello. Ten escola de rugby e un equipo en categoría senior.

No ano 2018 foi obxecto dunha importante remodelación que incluíu a instalación de céspede artificial. O campo preparouse para que se puidesen xogar partidos de rugby, de fútbol, de tiro con arco e de fútbol gaélico.

O campo de Rugby encóntrase na rúa Areosa.