Capela da Santa do Carballo

Capela da Santa do Carballo

Unha capela que acolle unha devoción moi antiga á Virxe.
A ermida primitiva fora construída por unha familia da parroquia pola devoción que tiña á Santa. A tradición oral falaba da aparición da Virxe nun carballo do lugar e que nese lugar manou auga no que se coñece como a Fonte da Virxe.

O edificio actual é unha reedificación de comezos do século XX, sobre un templo anterior probablemente do século XVI e ten por advocación á Virxe da Ascensión.