Capela de Pena de Francia

Capela de Pena de Francia

Unha capela de lenda no corazón da espectacular fraga de Solloso.
A capela encóntrase situada no interior da fermosa fraga de Solloso. O templo foi fundado no S. XVII polos condes de Montenegro, a imitación do convento de Nosa Señora de Pena de Francia de Salamanca. Foi reformado entre 1929 e 1931 e da construción orixinal conserva dous elementos: o pórtico cuberto a tres augas que apoia en dous anchos piares circulares e tamén da primitiva fábrica é a pequena espadana restaurada, de sabor moi antigo. No seu interior sitúase un retablo neogótico coa antiga imaxe de Pena de Francia.

O santuario garda moitas lendas e historias. Unha delas fálanos das tres Virxes irmás da Faladoira, cada unha delas venerada na súa propia capela. Son as capelas da Virxe de Portas (en Devesos, Ortigueira), a de Pena de Francia e a de Merlán, cada unha de costas ás outras.