Muíño de Alende

Muíño de Alende

Un fermoso muíño con historia no centro da vila.
Data do ano 1805 tal e como se pode ler no gravado que se sitúa no lintel da porta principal de acceso. A súa propiedade pertence a varios veciños que alternaban o seu uso. Era coñecido como Acea da Vila ou Acea das Maciñeiras e era usado por varias familias para a moenda do cereal.

O edificio é unha fermosa construción levantada con pedra de ollo de sapo e aínda mantén o mecanismo que empregaba a auga para mover o rodicio. Na contorna do muíño consérvase a presa e a canle que alimentaban de auga o muíño.