Campo de Tiro

Campo de Tiro "Pena da Revolta"

Instalacións para a práctica de tiro ao prato e tiro de precisión
O campo de tiro actual é do ano 1978 cando se acondicionou un foxo para a práctica de tiro e iniciouse a construción dun local social. No 1979 iníciase a construción dunha pista polideportiva nas instalacións.

Son unhas instalacións de primeiro nivel habilitadas para a práctica de tiro. Celebráronse neste campo campionatos de España e tamén é usado pola policía e por militares para tiradas oficiais.

A sociedade que promoveu a construción do campo de tiro foi a Sociedad de Tiro al Plato Pena da Revolta que foi creada por un grupo de veciños das Pontes en 1976 e que tiñan en común a súa afección pola práctica do tiro ao prato.

Con posterioridade as instalacións foron obxecto de reformas. Instalouse un bar no local social. E no ano 1989 constrúese unha galería de tiro de precisión de 25 e 50 metros.

No 2000 acondiciónanse as instalacións para a modalidade de percorridos de tiro e ano 2008 adpátase un foxo para a modalidade Compack.