Mural

Mural "Radio Eume, a radio máis nosa "

Mural que conmemora o trixésimo aniversario da radio máis nosa, Radio Eume
Radio Eume empezou a funcionar na mañá do 11 de novembro de 1989. Cumpre o seu obxectivo de ser a voz dos veciños das Pontes e a través da súa frecuencia leva a tódolos fogares ponteses unha programación variada.


Para conmemorar o trixésimo aniversario de Radio Eume os artistas ponteses colleron os pinceis para dar cor á merecida homenaxe á radio máis nosa.

Os membros de ArtPo definen así o traballo feito para esta conmemoración: “Tratamos de facer un bosquexo que resumira trinta anos de historia da nosa radio e que perdure no tempo. Partimos da gramola, o micrófono, a radio e a cinta de casete unidas por partituras e ondas de cores que representan os sons que chegan a tódalas xeracións, dende o ano 1989, dando movemento e continuidade no tempo. Todo o conxunto toma vida propia en torno ó logotipo da Radio que deixa que as súas cores, azul e vermello, discorran libremente pola obra”.

O mural pode contemplarse na Avenida de Ferrol nº 49 (ao carón da Casa do Concello)