Estación de Autobuses

Estación de Autobuses

A estación de autobuses das Pontes de García Rodríguez.
A Estación de autobuses das Pontes está localizada na rúa 8 de marzo. Componse dunha marquesiña cuberta de grandes dimensións e unha dársena para os autobuses.

Esta marquesiña está situada diante do antigo edificio da estación de autobuses, que é un edificio que foi construído a principio da década dos noventa. A instalación foi reformada en 2011 para albergar un edificio de servizos múltiples (o Centro Administrativo Pontés), no que se instalou o Arquivo Municipal, a Policía Local e Protección Civil). A raíz desta reforma é cando se constrúe a marquesiña para dar servizo aos viaxeiros.

A estación de autobuses localízase na rúa 8 de marzo.